.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O consello aproba a proposta de Plan de Empresa para o período 2011-2015
[13/06/2011] Autoridade Portuaria

O PROXECTO AXÚSTASE A La REALIDADE ECONÓMICA ACTUAL
O DOCUMENTO CONTINUA A LIÑA DE AUSTERIDADE MARCADA POR PORTOS DO ESTADO SEN MENOSCABAR O ESFORZO POR SITUARA FERROL NA SENDA DO CRECEMENTO

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao reuniuse hoxe para aprobar a proposta do Plan de Empresa do organismo para o período 2011-2015. O documento presentarase a Portos do Estado esta mesma semana para a súa análise e posterior integración no conxunto das 28 Autoridades Portuarias do Estado.

O organismo portuario deseñou un proxecto que se axusta á realidade económica actual. O documento inclúe axustes dos gastos seguindo os criterios de austeridade marcados por Portos do Estado no Plan de Empresa do pasado exercicio, sen menoscabar o esforzo por continuar co labor de situar ao porto na senda de crecemento para os próximos exercicios.

En relación aos investimentos e con respecto ao Porto Exterior, está previsto executar entre 2011 e 2012 as actuacións de pavimentación da primeira e segunda fase. Tamén no mesmo período levará a cabo a ampliación dos sistemas de seguridade, control e telecomunicacións, nas chairas de segunda fase. Con respecto ao Porto Interior proponse actuacións para a mellora das infraestruturas e adecuación aos tráficos e usos de face ao futuro.
Liñas xenéricas
Polo demais, continúan as liñas de investimento en renovación e melloras de pavimentos portuarios, actuacións en faros, sinais marítimos e as súas contornas, e investimentos non singularizadas (obras menores, asistencias técnicas, liquidacións e revisións de prezos, equipos informáticos, etc.)

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao