Medio centenar de delegados sindicais dos portos españois déronse cita en Ferrol na Asemblea Anual de CCOO
[13/06/2011] Autoridade Portuaria
O PORTO FERROLÁN EXERCEU DE ANFITRIÓN DESTE ENCONTRO ANUAL ONDE SE TRATAN TEMAS DE RELEVANCIA PARA Os TRABALLADORES PORTUARIOS DE TODA ESPAÑA
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolleu durante a xornada de onte a Asemblea Anual da Comisión Executiva da Sección Sindical Interpuertos de CCOO.
Á cita acudiron medio centenar de delegados sindicais que durante todo o día mantiveron distintas reunións nas instalacións portuarias nas que se trataron temas que afectan a negociacións colectivas, regulamentos, eleccións sindicais e informes de situación das distintas Autoridades Portuarias españolas.
A Asemblea, que contou coa colaboración en materia de organización da Autoridade Portuaria de Ferrol, levou a cabo no Edificio de Sanidade.