.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto de Ferrol acolle unha mostra fotográfica sobre o respecto ao medio ambiente
[09/06/2011] Autoridade Portuaria

CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, A AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL INAUGUROU ESTA MOSTRA QUE RECOLLE AS OBRAS PRESENTADAS AO CERTAME ANUAL ORGANIZADO POLO ATENEO FERROLÁN

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle ata o próximo día 21 de xuño unha mostra de fotografías sobre o medio ambiente. A colección recolle as obras presentadas ao Certame organizado polo Ateneo Ferrolán, con motivo do "Día Mundial do Medio Ambiente" e conta co patrocinio do Porto de Ferrol.

O certame, composto por medio centenar de fotografías, conta cunha ampla participación de fotógrafos de Galicia e España que resaltan nas súas obras a importancia da natureza tanto desde o punto de vista do respecto como denunciando as agresións que recibe.

Por medio desta exposición o porto colabora co labor do Ateneo, invitando á reflexión e concienciación sobre o respecto ao medio, un dos principais enfoques da actividade da dársena ferrolá.

O gañador do certame, cuxo premio foi patrocinado polo Porto de Ferrol, foi Rubén Pérez Novo coa imaxe titulada "Menos consumo... mellor futuro".

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao