.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Futuros profesionais portuarios visitan a infraestrutura ferrolá
[30/05/2011] Autoridade Portuaria

UNHA QUINCENA DE ALUMNOS DO MÁSTER EN ADMINISTRACIÓN MÁRITIMA E XESTIÓN PORTUARIA DO IUEM (INSTITUTO UNIVERSITARIO DE ESTUDOS MARÍTIMOS) GOZARON DUNHA CLASE MAXISTRAL NO PORTO DE FERROL

O Porto de Ferrol recibiu o venres unha visita especial dentro do seu programa de cooperación con centros educativos galegos, xa que estaba integrada polos futuros profesionais dos portos galegos: os alumnos do Máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria do Instituto Universitario de Estudos Marítimos (IUEM).

Unha quincena de estudantes formaron parte deste grupo que se afastou das aulas durante un día para participar nunha clase maxistral en torno ao funcionamento real dun porto. Tiveron ocasión de coñecer de primeira man o funcionamento do Porto Interior onde visitaron o CCS (Centro de Coordinación de Servizos) e analizaron o equipamento e modo de operar da dársena, entre outras, nos labores de estiba e desestiba.

Como non, o Porto Exterior foi unha dos puntos estelares do percorrido. Os estudantes estudaron de cerca as magnitudes de Caneliñas e atenderon con interese as explicacións dos profesionais portuarios, nesta ocasión, máis técnicas dado o nivel de coñecementos do grupo. Superficie, calado, comunicacións, actividade, futura terminal de colectores, etc. foron algúns dos temas nos que se centraron os técnicos portuarios. Os alumnos fixeron tamén unha parada na terminal de Endesa para coñecer en primeira persoa o seu funcionamento básico.

A visita enmárcase dentro da estratexia do Porto de Ferrol de abrir as súas portas aos estudantes galegos co fin de achegar a realidade portuaria aos mozos e colaborar activamente cos centros educativos na súa formación.
Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao