.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Confirmadas polo menos 13 escalas de cruceiros para 2012 no Porto de Ferrol
[19/05/2011] Autoridade Portuaria

SAGA PECHA ONCE BUQUES E FRED OLSEN DOUS DE FACE Ao PRÓXIMO ANO
FERROL CONSOLÍDASE DEFINITIVAMENTE COMO ESCALA DE CRUCEIROS E CONVÉRTESE NO PORTO ESPAÑOL QUE MÁIS BARCOS RECIBE DA NAVIERA INGLESA SAGA

Os ACORDOS, QUE SUPÓN O RECORD DE ESCALAS EN FERROL, CHEGARON TRAS O INTENSO LABOR DE XESTIÓN A AUTORIDADE PORTUARIA CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA

 A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao pechou un acordo coa naviera Saga para que durante o próximo ano recalen en Ferrol once cruceiros da compañía inglesa. A esta boa noticia hai que sumar que a naviera Fred Olsen confía de novo en Ferrol e pechou dúas novas escalas de face tamén a 2012. O intenso labor de xestión levada a cabo polos responsables do porto, reactivada coa volta de Anxo do Real á presidencia e co apoio da Xunta de Galicia, vese reflectida nestes acordos que traerán á cidade naval durante o próximo ano miles de visitantes.

Co importante crecemento deste sector, a marca "Ferrol" consolídase definitivamente como escala de cruceiros e convértese ademais no porto español que máis transatlánticos recibe da naviera inglesa Saga.

Riqueza turística
A visita a Ferrol levada a cabo fai só uns días por unha responsable de excursións da naviera Saga, co obxectivo de coñecer en profundidade o que a cidade e arredores poden ofrecer ao crucerista, foi un dos detonantes para afianzar o seu interese. Os responsables da compañía coñeceron a riqueza tanto de Ferrol como das comarcas da contorna, con visitas ao Arsenal Militar, o estaleiro Navantia, Cabo Prioriño e San Andrés de Teixido, puntos todos eles que chamaron de xeito importante a súa atención. De feito, confirmaron que os recursos turísticos de Ferrol formarán parte importante das súas excursións, o que fomentará o sector da cidade e comarcas.

Para o Porto de Ferrol a relevancia de gañar terreo neste campo céntrase, fundamentalmente, na gran repercusión económica e turística que exerce na zona e espérase que con estes avances, que traerán a Ferrol un gran número de turistas, déase un forte impulso para o desenvolvemento turístico, comercial e hostaleiro, sectores moi importantes da cidade naval. Este é o mesmo interese da Xunta de Galicia que apoia as actuacións do porto a través da súa oficina do Plan Ferrol, dirixida por Alejandro Langtry.

Ademais, dado o éxito das escalas do pasado día 25 de abril, data na que Ferrol recibiu a visita duns 5.000 turistas a bordo de dous cruceiros e na que houbo unha magnífica resposta de cidadáns, hostaleiros e comerciantes, espérase que estas navieras, en especial Royal Caribbean, programen escalas para 2012 e ata outras navieras coas que se está traballando. Con iso a cifra de escalas poderíase achegar á vintena.


Mellora das instalacións
Ante o interese que están demostrando as compañías de cruceiros e o asentamento de Ferrol no sector, o Porto xa presentou as melloras que vai realizar nas súas instalacións co fin de adaptalas a buques de maior tamaño e mellorar os servizos con vistas ao incremento de escalas previstas e á recepción de varios miles de visitantes cada ano. As actuacións están coordinadas con outros usos como a pesca e marisqueo, a náutica ou a mercancía, e contemplan melloras nos peiraos e a creación dunha terminal de pasaxeiros para mellor recepción destes turistas e para goce da cidade, todo na linea de que Ferrol Vello sexa punto de encontro do turismo e dos cidadáns.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao