O Porto de Ferrol recibiu a visita do Colexio Tirso de Molina
[17/05/2011] Autoridade Portuaria
|
MEDIO CENTENAR DE ESTUDANTES PERCORRERON As INSTALACIÓNS PORTUARIAS O CENTRO INTERPRETATIVO DE CABO PRIORIÑO FOI UNHA DAS PARADAS REALIZADAS POLOS MOZOS DO CENTRO FERROLÁN DURANTE O seu PERCORRIDO POLA DÁRSENA INTERIOR APROXIMÁRONSE Ao FUNCIONAMENTO DA RADA FERROLÁ
|
|
O Porto de Ferrol recibiu esta mañá unha nova visita de mozas ás súas instalacións. Preto de medio centenar de nenos e nenas de 5º de Primaria (10 e 11 anos), estudantes do colexio ferrolán ?Tirso de Molina?, aproximáronse durante a xornada de hoxe á actividade da dársena ferronala. Os mozos realizaron a súa primeira parada no Centro de Coordinación de Servizos (CCS), onde se impartiu unha charla na que se lles explicou o funcionamento dos equipos dedicados á observación e control do tráfico marítimo e terrestre. Ademais, tiveron a oportunidade de realizar un percorrido en autobús pola dársena interior e comprender as operacións de estiba e desestiba, así como obter unha visión xeral sobre os tráficos que operan no porto ferrolán. Tras coñecer de cerca a rada interior, o grupo desprazouse ao Centro Interpretativo de Cabo Prioriño, onde se lles mostrou, mediante os paneis explicativos do Edificio Interpretativo, a gran obra que supón o Porto Exterior, a súa integración na contorna, evolución e o tipo de operacións que levan a cabo nunha infraestrutura destas dimensións. A historia das baterías ocupou tamén parte desta visita didáctica. Os nenos e nenas do ?Tirso de Molina? puideron revivir en primeira persoa a orixe e a evolución defensiva de Ferrol coa súa parada nas Baterías de Punta Viñas e de Prioriño, ambas as recuperadas pola Autoridade Portuaria. Con iniciativas como esta o Porto de Ferrol estreita as relacións coa cidadanía e sobre todo cos máis novos, aproximándoos á realidade portuaria da súa cidade e participando activamente na súa formación.
|
|