.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto inaugura a mostra de pintura "O esplendor da primavera"
[13/05/2011] Autoridade Portuaria


As OBRAS ESTARÁN EXPOSTAS ATA O PRÓXIMO 31 DE MAIO

A SALA DE EXPOSICIÓNS DA AUTORIDADE PORTUARIA ABRE DE NOVO As súas PORTAS PARA ACOLLER ESTA COLECCIÓN DA PINTORA ROSA ELVIRA CAAMAÑO
O PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA, ANGEL DEL  REAL, E A AUTORA PRESENTARON As OBRAS ESTA MAÑÁ

A pintora Rosa Elvira Caamaño presentou hoxe, xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Angel del Real, a súa mostra "O esplendor da primavera" unha colección de obras que se poderá admirar desde hoxe e ata o próximo día 31 de maio na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol.

As obras, ao redor da vintena, están realizadas con diversas técnicas -na súa maioría, óleo, pastel e lapis- e reflicten o colorido e a luz desta época do ano.

Rosa Elvira Caamaño Fernández, que o pasado ano foi a presidenta do xurado no Concurso de Mariñas celebrado con motivo do Centenario do Porto de Ferrol, é pintora e doutora pola facultade de Belas Artes da Universidade de Madrid ademais de profesora titular de Pintura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa carreira suma importantes recoñecementos e a súa obra percorreu España con exposicións individuais e traspasado fronteiras, estando moi valorada en Francia, Rusia e Italia.

A colección que Rosa Elvira expón no porto está baseada no seu amor pola natureza e o seu estudo das flores e o seu colorido. "A primavera, as flores, as deusas, as ninfas" sempre constituíron un belo motivo de inspiración para todo tipo de artistas -sinala Rosa Elvira Caamaño- e pode dicirse que os esplendores primaverais teñen unha longa tradición pictórica". O obxectivo da Autoridade Portuaria de Ferrol con este tipo de accións é, como sempre, que o porto e Ferrol Vello sexa punto de encontro para os cidadáns a través da cultura e outras actividades.

A exposición, que se manterá ata o próximo día 31 de maio, poderase visitar de martes a domingo, entre as 18:00 e as 20:00h.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao