.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Medio centenar de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo visitaron o Porto de Ferrol
[13/05/2011] Autoridade Portuaria

Os UNIVERSITARIOS TIVERON A OPORTUNIDADE DE VER DE CERCA O FUNCIONAMENTO DO PORTO INTERIOR E EXTERIOR

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao continúa potenciando o seu proxecto de abrir as portas da dársena aos estudantes universitarios. Dentro destas actuacións recibiu unha nova visita de ao redor de cincuenta universitarios da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, que tiveron a ocasión de asistir a unha clase en vivo sobre o funcionamento da rada ferrolá.

A visita á infraestrutura levoulles tanto ao Porto Interior como ao Exterior onde se lles impartiu unha charla na que profesionais da Autoridade Portuaria explicaron o funcionamento dunha rada como a ferrolá.

Tamén o grupo realizou unha parada nas instalacións do CCS (Centro de Coordinación de Servizos do Porto Exterior de Ferrol), o edificio desde onde se controla o tráfico marítimo e terrestre así como a seguridade das superficies e peiraos de Caneliñas. A visita levoulles tamén a Endesa onde os estudantes obtiveron unha visión concreta do traballo da terminal.

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao