.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto de Ferrol mostra o seu potencial na Transport Logistic de Munich
[11/05/2011] Autoridade Portuaria

 

DE CARÁCTER BIENAL, É UN ENCONTRO DE REFERENCIA PARA O SECTOR
A FEIRA LOXÍSTICA COMEZOU HOXE E DURARÁ ATA O DÍA 13 DE MAIO
A AUTORIDADE PORTUARIA CONTACTARÁ CON POTENCIAIS CLIENTES E ESTREITARÁ LAZOS CON OPERADORES ACTUAIS

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao participa na feira Transport Logistic 2011, que se celebra do 10 ao 13 de maio en Munich (Alemaña). Este certame está considerado como a feira monográfica internacional máis importante de loxística, mobilidade e cadea de subministracións en Europa e o porto ferrolán asiches unha vez máis co respaldo da Xunta de Galicia a través do IGAPE e en coordinación coa súa oficina do Plan Ferrol.

Durante a feira levarán a cabo múltiples contactos con potenciais clientes e estreitaranse lazos con compañías que operan actualmente en Ferrol co fin de afianzar a súa actividade. Tamén se contactará con grupos industriais e loxísticos europeos como posibles investidores na zona para a atracción de actividade e emprego.

Entre as calidades que reitera o equipo desprazado a Munich destacan valores como a localización xeográfica do porto e a capacidade para atender todo tipo de tráficos, grazas á diversificación dos seus peiraos e operador, destacando o Porto Exterior pola súa magnitude e espazo dispoñible. Todo iso converte a Ferrol nun relevante porto de entrada e saída de mercancías da península pola fachada atlántica e con potencial de crecemento.

A Autoridade Portuaria conta cunha caseta propia dentro do Pavillón de España, que puxo a disposición dos seus operadores e no que contará co apoio da oficina do IGAPE en Alemaña.

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao