A Policía Portuaria de Ferrol celebrou durante o día de hoxe o seu patrón, o Cristo dos Navegantes, en compañía de representantes doutros corpos de seguridade e autoridades militares.
Os asistentes participaron nunha misa celebrada na Igrexa do Socorro, no Ferrol Vello, e posteriormente levou a cabo unha recepción na Sala de Exposicións da dársena que contou, entre outros, coa presenza do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Angel del Real.
Con esta iniciativa, que se retomou o pasado ano, o Porto de Ferrol recupera unha antiga e fermosa tradición na que a Policía Portuaria honra ao Cristo dos Navegantes.