Estudantes franceses, holandeses e italianos visitaron o Porto de Ferrol dentro do proxecto Devhars
[02/05/2011] Autoridade Portuaria
|
A INICIATIVA, DESENVOLVIDA POLO IES FENE COA COLABORACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO, CONTA CO FINANCIAMENTO DA COMISIÓN EUROPEA E TEN COMO FIN QUE Os MOZOS COÑEZAN A EVOLUCIÓN DOS PORTOS EUROPEOS
|
|
O Porto de Ferrol, dentro do seu proxecto de achegar aos máis novos o funcionamento da infraestrutura e a súa repercusión na contorna, recibiu fai uns días a visita de ao redor de 40 estudantes de orixe francesa, holandés e italiano, xunto aos alumnos do IES Fene que exerceron de anfitrións en terras ferrolás. Todos eles integran o proxecto Comenius DEVHARS (Development of European Harbours From a Historic, Economic and Environmental), financiado pola Axencia Sócrates da Comisión Europea que percorre os portos Venecia, Saint André, Rotterdan e en España Ferrol, co obxectivo de integrar aos mozos de distintos países no estudo do desenvolvemento histórico, económico e ambiental das radas.
Os mozos e mozas, de entre 15 e 16 anos, tiveron a oportunidade de comprobar in situ o funcionamento do Porto Exterior e visitaron ademais as instalacións do Centro Interpretativo de Cabo Prioriño, onde se lles explicou o nacemento e desenvolvemento da rada ferrolá.
A Autoridade Portuaria colabora nesta iniciativa de carácter educativo co fin de transmitir a importancia da dársena e a súa repercusión tanto social como económica, aos máis novos.
|
|