.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

As navieras de cruceiros que escalaron onte en Ferrol levan unha magnífica impresión
[26/04/2011] Autoridade Portuaria

O “INDEPENDENCE OF THE SEAS” REGRESARÁ Á CIDADE NO MES DE SETEMBRO

CRAIG MILAN, ALTO DIRECTIVO DE ROYAL CARIBBEAN CRUISE LINES, A COMPAÑÍA MÁIS PRESTIXIOSA DO MUNDO, VISITOU ONTE A CIDADE E MOSTROU A súa SATISFACCIÓN POLO RECIBIMENTO CIDADÁN, HOSTALEIRO E DO COMERCIO

 

O ESFORZO DE XESTIÓN PARA CRECER NO SECTOR CRUCERÍSTICO, REALIZADO DURANTE Os DOUS ÚLTIMOS ANOS POR AUTORIDADE PORTUARIA CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA, COMEZOU A DAR Os seus FROITOS

Onte foi un día moi importante tanto para o Porto de Ferrol como para toda a cidade e comarcas. 5.000 turistas visitaron Ferrol a bordo dos transatlánticos “Independence of the seas” e “Discovery” e gozaron da hostalaría, o comercio e a cálida acollida de toda a cidadanía.

 

Craig Milan, vicepresidente de Royal Caribbean Cruise Lines, a naviera propietaria do “Independence of the Sexas”, visitou durante a xornada de onte a cidade quedando gratamente impresionado polo recibimento e a entrega mostrada por todos -cidadáns, comerciantes e hostaleiros- así como polo dispositivo coordinado pola Autoridade Portuaria para dar servizo ao turista e pola calidade de Ferrol e as súas comarcas como destino dos seus cruceiros.

 

O principal obxectivo marcado pola Autoridade Portuaria, que Ferrol e as súas comarcas saquen proveito da visita de cruceiros, pódese dar onte por conseguido.

 

Ademais, no referente ás excursións que organizan os buques, onte houbo varias que incluían visita a recursos turísticos de Ferrol e comarcas. Destacou especialmente a visita ao Arsenal Militar e ao Centro Interpretativo de Cabo Prioriño, desenvolvida por primeira vez, e que contou cunha moi boa valoración por parte dos turistas estranxeiros. Esta foi posible grazas á colaboración da Armada.

 

Os responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao mostráronse moi satisfeitos porque o traballo desenvolvido nos últimos meses, coa colaboración da Xunta de Galicia, está a dar os seus froitos.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao