Integrantes da sétima Xuntanza Tecnolóxica visitaron o Porto Exterior
[11/04/2011] Autoridade Portuaria
|
A AUTORIDADE PORTUARIA PARTICIPOU ACTIVAMENTE NESTA INICIATIVA DE EMPRESA-UNIVERSIDADE EXPLICANDO O FUNCIONAMENTO DA INFRAESTRUCURA ASÍ COMO AS SÚAS POTENCIALIDADES COMO DINAMIZADORA DA ECONOMÍA
|
|
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao participou estes días, activamente e como patrocinador, na VII Xuntanza Tecnolóxica Empresa-Universidad.
Entre as iniciativas desenvolvidas polo Porto de Ferrol, destacou a visita que parte dos integrantes -preto de corenta- realizaron ás instalacións do Porto Exterior, onde puideron coñecer de preto a magnitude da infraestrutura así como o funcionamento habitual dunha rada destas dimensións.
Ademais, dende o departamento Comercial e de Desenvolvemento, impartiuse unha charla na que se transmitiron as potencialidades da dársena como dinamizadora da economía de Ferrol e as súas bisbarras máis próximas.
Como é habitual, o Porto de Ferrol enmarca este tipo de actuacións na súa estratexia de abrir as portas das instalacións á cidadanía e aos estudantes.
|
|