.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Porto e Xunta promoven Ferrol en Sao Paulo para loxística e investimentos
[04/04/2011] Autoridade Portuaria

A FEIRA INTERNACIONAL INTERMODAL SOUTH AMERICA CELÉBRASE ENTRE MAÑÁ E O DÍA 7


A MISIÓN COMERCIAL FAI FINCAPÉ NO MERCADO SUDAMERICANO, UNHA ÁREA DE GRAN RELEVANCIA PARA O FUTURO


A AXENDA INCLÚE REUNIÓNS CON IMPORTANTES EMPRESAS CON POTENCIAL PARA INVESTIR EN EUROPA


O OBXECTIVO PRINCIPAL É FORTALECER CONTACTOS CON IMPORTADORES E EXPORTADORES, EN ESPECIAL PARA A FUTURA TERMINAL DE COLECTORES

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e a Xunta de Galicia, a través da oficina do Plan Ferrol de IGAPE, intensifican novamente a súa xestión internacional cunha misión comercial que inclúe a asistencia á feira internacional "Intermodal South America" de Sao Paulo, dedicada á loxística e o transporte.

A delegación de Porto e Xunta, encabezada por Angel del Real e Alejandro Langtry, está en Brasil co obxectivo de establecer e fortalecer contactos con importadores e exportadores, en especial para a futura terminal de colectores, así como para a captación de posibles investidores para Ferrol e as súas bisbarras para atraer actividade e emprego á nosa zona.

Durante estes días manteranse reunións con importantes empresas industriais e loxísticas de Sudamérica ademais de estreitar relacións con outros portos e axentes marítimos. Os responsables da delegación contactarán, entre outros, con empresas do sector da carga refrixerada -cunha alta produción en Brasil-, ou do papel. Estes e outros son sectores interesantes para o incremento de tráficos no Porto de Ferrol e para a atracción de investimentos, e que contan con grande experiencia en Sudamérica.

A Intermodal South America está considerada como a feira internacional de transporte e loxística máis importante de América do Sur. Este ano celebra a súa décimo sétima edición e conta con ao redor de 500 expositores e unha superficie de exposición de máis de 28.000 metros cadrados. A organización espera que se repitan as cifras de visitantes de pasadas edicións nas que se achegaron a 50.000. Ademais, Brasil é unha das economías máis puxantes e con máis potencial, sendo Sao Paulo a súa principal sede de negocios.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao