.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A asociación cultural ATEGAL visitou o Centro Interpretativo de Cabo Prioriño
[04/04/2011] Autoridade Portuaria

PRETO DE SESENTA INTEGRANTES DESTA AGRUPACIÓN GALEGA ACHEGÁRONSE Á HISTORIA DE FERROL NUNHA VISITA ORGANIZADA POLA AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO

O Centro Interpretativo de Cabo Prioriño recibiu a visita dos membros de ATEGAL, a "Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos".

Con motivo da celebración do seu encontro rexional, desenvolvido en FIMO, preto de 60 membros desta agrupación aproveitaron a súa estanza en Ferrol para realizar un percorrido polas instalacións do Centro Interpretativo, podendo visitar as Baterías de Viñas e Cabo Prioriño e achegándose así á historia defensiva de Ferrol. Todo iso da man de profesionais do porto ferrolano que explicaron con detalle o proceso de rehabilitación destes fortíns, levado a cabo pola Autoridade Portuaria, e contestaron as preguntas dos integrantes da visita.

Ademais, as portas do Edificio Interpretativo abríronse para mostrar, por medio da súa exposición permanente, a orixe e evolución das baterías así como a construción e integración, nese mesmo ámbito, dunha obra de gran magnitude como é o porto exterior.

A acción enmárcase dentro da estratexia da Autoridade Portuaria de abrir as portas das súas instalacións á cidadanía e mostrar unha parte moi importante do patrimonio ferrolano.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao