A Sala de Exposicións do Porto de Ferrol acolle a mostra fotográfica "Viviendo Ferrol"
[01/03/2011] Autoridade Portuaria
|
SELECCIÓN DE OBRAS PODERASE VISITAR DENDE HOXE ATA O 9 DE MARZO A INICIATIVA PERSEGUE O FOMENTO DO TURISMO NA CIDADE VICTOR RIVERA JOVE E ELOY TABOADA SON OS AUTORES DAS FOTOS
|
|
A Sala de Exposicións do Porto de Ferrol acolle dende hoxe e ata o próximo 9 de marzo, unha mostra de fotografías sobre Ferrol dos autores Eloy Taboada e Victor Rivera Jove. Baixo o título, "Vivindo Ferrol", esta exposición itinerante presenta diferentes estampas da vila ferrolana en gran formato. A iniciativa parte de Lucía Gutiérrez Cagiao, propietaria dun establecemento de Ferrol, que animou un grupo de comerciantes a exhibir nos seus escaparates unha serie de imaxes sobre a cidade. Así naceu "Vivindo Ferrol" que ten como fin promover os establecementos adheridos a esta así como o dinamismo do turismo no centro ferrolano. O tamaño das imaxes forma parte da espectacularidade da mostra con formatos que van dende os dous metros ata os tres de longo, por algo máis dun metro de alto. Agora, estas fotos pódense admirar na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol dende hoxe ata o 9 de marzo en horario de 18 a 20:30 h. A Autoridade Portuaria colabora con esta iniciativa, dentro da súa liña estratéxica de apoio ao turismo de Ferrol e as súas bisbarras, patrocinando unha imaxe e cedendo a Sala para esta mostra.
|
|