.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto de Ferrol recibiu a visita do Colexio "As Mercedarias"
[25/02/2011] Autoridade Portuaria

PRETO DE 100 ESTUDANTES PERCORRERON AS INSTALACIÓNS PORTUARIAS


O CENTRO INTERPRETATIVO DE CABO PRIORIÑO FOI UNHA DAS PARADAS REALIZADAS POLOS MOZOS

DURANTE O SEU PERCORRIDO POLA DÁRSENA INTERIOR APROXIMÁRONSE AO FUNCIONAMENTO DUNHA RADA COMO A FERROLANA

O Porto de Ferrol recibiu esta mañá unha nova visita de mozos ás súas instalacións. Preto dun centenar de nenos e nenas de entre 9 e 10 anos, estudantes do Colexio "As Mercedarias", foron durante a xornada de hoxe visitantes de excepción na dársena ferronala.
Os mozos realizaron a súa primeira parada no Centro de Coordinación de Servizos (CCS), onde se impartiu unha charla na que se lles explicou o funcionamento dos equipos dedicados á observación e control do tráfico marítimo e terrestre. Ademais, tiveron a oportunidade de realizar un percorrido en autobús pola dársena interior e comprender as operacións de estiba e estiba, así como obter unha visión xeral de que tipo de tráficos operan no porto ferrolano.
Tras coñecer de preto a rada interior, o grupo desprazouse ao Centro Interpretativo de Cabo Prioriño, onde se lles mostrou, mediante os paneis explicativos do Edificio Interpretativo, a grande obra que supón o Porto Exterior, a súa integración no ámbito, evolución e que tipo de operacións se levan a cabo nunha infraestrutura destas dimensións.
A historia das baterías ocupou tamén parte desta visita didáctica. Os nenos e nenas de "As Mercedarias" puideron revivir en primeira persoa a orixe e a evolución defensiva de Ferrol coa súa parada nas Baterías de Punta Viñas e de Prioriño, ambas as dúas recuperadas pola Autoridade Portuaria.
Con iniciativas como esta o Porto de Ferrol estreita as relacións coa cidadanía e sobre todo cos máis novos, aproximándoos á realidade portuaria da súa cidade e participando activamente na súa formación.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao