.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto e a oficina do Plan Ferrol do IGAPE desenvolven unha misión comercial en China
[14/02/2011] Autoridade Portuaria

DURANTE ESTES DÍAS MANTERANSE REUNIÓNS CON NAVIEIRAS, EMPRESAS PORTUARIAS E GRUPOS INDUSTRIAIS DUN MERCADO DE GRAN RELEVANCIA E POTENCIAL PARA O TRÁFICO MARÍTIMO E A ECONOMÍA MUNDIAL
O OBXECTIVO PRINCIPAL É A CAPTACIÓN DE NOVOS INVESTIMENTOS CHINESES


Responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e da oficina do Plan Ferrol do IGAPE, están dende hoxe en China desenvolvendo, en estreita colaboración coa oficina do IGAPE neste país, unha axenda de reunións con posibles investidores, navieiras e operadores interesados na rada ferrolana. Esta misión levaraos aos principais centros de negocios chineses: Shangai, Ningbo e Hong Kong, onde se encontran hoxe.

O presidente da Autoridade Portuaria, Ángel del Real, e o Director do Plan Ferrol do IGAPE, Alejandro Langtry, xunto a outros representantes da dársena, presentarán durante os próximos días as calidades da rada ferrolana, destacando o Porto Exterior de Prioriño como infraestrutura estratéxica do arco atlántico europeo, e as vantaxes que ofrece Ferrol para potenciais investidores chineses. En concreto, na cidade chinesa de Ningbo, reuniranse co presidente do Ningbo Port Group, Li Linghong. O porto chinés de Ningbo ocupa un dos primeiros lugares do mundo no tráfico de colectores e o seu interese en Ferrol radica na situación estratéxica da rada e o servizo que lle pode ofrecer o porto como posible "hub" para as operacións chinesas en Europa.

Ademais, contactarase con empresas que poidan formularse investir en Ferrol e as súas bisbarras, co obxectivo de atraer actividade e emprego. Todo iso enmárcase dentro da colaboración establecida co IGAPE dentro da estratexia do Plan Ferrol.

Na misión comercial tamén participa Tomás Iribarren, Director Xeral de Madrid Plataforma Loxística, asociación da que forma parte a Autoridade Portuaria. Esta colaboración reforza o enfoque do Porto Exterior de Ferrol como terminal para dar servizo, pola súa magnitude, a toda a península ibérica, en especial a Madrid.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao