.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Autoridade Portuaria e CGAI presentan unha exposición de fotografías antigas do Porto de Ferrol
[09/02/2011] Autoridade Portuaria

A SELECCIÓN DE OBRAS PODERASE VISITAR NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PORTO DO 9 AO 23 DE FEBREIRO

A MOSTRA CONTA CON FIRMAS DO TALLE DE MANUEL FERROL, MANUEL VILARIÑO, CANCELO O LUIS VILLAR DE FRANCOS


A Sala de Exposicións do Porto de Ferrol acolle dende hoxe e ata o próximo 23 de febreiro, unha mostra de fotografías antigas organizada polo CGAI, organismo dependente da Secretaría Xeral de Medios de la Xunta de Galicia. Baixo o título, "O Porto de Ferrol. Cen anos de imaxes", a exposición pon de manifesto a evolución do porto ferrolano ao longo do último século.
A mostra inaugurouse nun acto que contou coa presenza do Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o director do CGAI, Guillermo Escrigas; e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Ángel del Real. Todos eles mostraron a súa satisfacción ante unha exposición "de gran valor histórico e por suposto artístico", segundo sinalou o responsable da dársena.


Un século de vida nos peiraos ferrolanos
Ao redor de sesenta obras de autores galegos, nacionais e estranxeiros, compoñen a mostra co fin de contar por medio de imaxes a historia e o desenvolvemento da infraestrutura. A exposición recolle a vida dos peiraos de Ferrol dende finais do século XIX, cando a dársena ferrolana era un sinxelo porto pesqueiro, ata as últimas décadas do século XX. Mujeres traballando nos peiraos, o día a día das factorías instaladas xunto á ría, a tradicional lancha de Mugardos, ou unha imaxe de Ferrol como base de submarinos alemáns, son parte das historias que se poderán contemplar.
A mostra complétase con contido audiovisual, xa que se proxectará un video coas imaxes rodadas en cine máis antigas de Galicia que reflicten tamén a historia dos peiraos ferrolanos de principios do século XX.
Conta a exposición con firmas do talle de Manuel Ferrol, Manuel Vilariño, Cancelo, Luis Villar de Francos, Pascual Rei, Manel, Bernardino González ou Saturnino Montalvo. Ademais, recolle imaxes de grandes fotógrafos estranxeiros como Walter Wood e Bernard Plossou.
A exposición poderase visitar na Sala de Exposicións do Porto de Ferrol de martes a sábado de 18 a 20:30 h e os domingos de 11:30h a 14:00h.

 

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao