.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A Autoridade Portuaria adxudica a construción das instalacións náuticas de Caranza
[29/12/2010] Autoridade Portuaria

PREVESE QUE A OBRA COMECE ENTRE OS MESES DE XANEIRO E FEBREIRO

O PRESUPOSTO DE ADXUDICACIÓN FOI DE 302.655 EUROS (SEN IVE) E O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE 6,5 SEMANAS

A PRIMEIRA FASE DO PROXECTO CONTEMPLA A CREACIÓN DE 134 PRAZAS DE AMARRE

A Autoridade Portuaria adxudicou hoxe á empresa Ronáutica S.A. a obra para desenvolver o proxecto de instalación de peiraos de embarcacións náutico/recreativas na enseada de Caranza. Con esta actuación, que conta cun presuposto de 302.655 euros (sen IVE), crearanse 134 prazas de amarre, nunha primeira fase, que se verán incrementadas ata máis de 300 en fases posteriores.


Segundo a previsión, as obras poderían comezar entre o mes de xaneiro e febreiro e o prazo de execución destas é de 6,5 semanas. Deste xeito o Porto cumprirá un dos seus obxectivos primordiais dentro das accións que teñen que ver coa cidadanía e a mellora das instalacións náuticas, un compromiso asumido polo propio presidente, Angel del Real, ao ocupar o seu cargo en 2009, e iniciado xa na súa anterior etapa.


En detalle, o proxecto considera o acondicionamento da zona do espigón na que se situarán as obras e a colocación dun peirao nai de 72 metros de longo por 2,5 metros de ancho. Del, sairán catro peiraos perpendiculares de 50 x 2 m con capacidade para albergar un total de 134 embarcacións de 6 a 8 metros de eslora. Ademais, instalarase unha porta no control de accesos.

 

 

 

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao