.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto pecha o Centenario cunha mostra que rende homenaxe á Comunidade Portuaria
[23/12/2010] Autoridade Portuaria

A EXPOSICIÓN RECOLLE, POR MEDIO DE PANEIS EXPLICATIVOS, UN PERCORRIDO POLO LABOR DOS HOMES E MULLERES QUE TRABALLAN NO ACTIVIDADES PORTUARIAS

BAIXO O NOME "OS TRABALLADORES E AS EMPRESAS DO PORTO" PODERASE VISITAR DENDE HOXE ATA O PRÓXIMO DÍA 14 DE XANEIRO NA SALA DE EXPOSICIÓNS

A Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao despide o ano do Centenario cunha mostra que ofrece aos ferrolanos a oportunidade de aproximarse ás empresas que formaron e forman parte do Porto de Ferrol, e destaca a importancia do factor humano dunha infraestrutura destas características.

A través desta exposición, presentada esta mañá polo presidente da Autoridade Portuaria, Anxo do Real, xunto a gran parte da Comunidade Portuaria, preténdese resaltar a relevancia que teñen para o porto as empresas e sectores diversos que están asentados en Ferrol, destacando o labor dos traballadores que desenvolven o seu día a día na dársena.

Os que se acheguen á Sala de Exposicións do Porto durante este Nadal poderán obter unha visión, por medio de paneis explicativos, de cal é o labor das empresas portuarias, así como aquelas tarefas que teñen que ver coa operatividade dun porto, dende antes da chegada dun buque, ata a descarga e transporte da mercadoría recibida.

Anxo do Real destacou o labor desenvolvido por todas as persoas que, "directamente ou indirectamente traballaron e traballan para facer o Porto de Ferrol máis grande, máis competitivo e máis rendible para toda a sociedade".

A exposición pódese visitar de martes a domingo, dende hoxe ata o próximo día 14 de xaneiro (salvo o 25 de decembro e o 1 de xaneiro), entre as 17:30h e as 20:30h.
A Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao despide o ano do Centenario cunha mostra que ofrece aos ferrolanos a oportunidade de aproximarse ás empresas que formaron e forman parte do Porto de Ferrol, e destaca a importancia do factor humano dunha infraestrutura destas características.

A través desta exposición, presentada esta mañá polo presidente da Autoridade Portuaria, Angel del Real, xunto a gran parte da Comunidade Portuaria, preténdese resaltar a relevancia que teñen para o porto as empresas e sectores diversos que están asentados en Ferrol, destacando o labor dos traballadores que desenvolven o seu día a día na dársena.

Os que se acheguen á Sala de Exposicións do Porto durante este Nadal poderán obter unha visión, por medio de paneis explicativos, de cal é o labor das empresas portuarias, así como aquelas tarefas que teñen que ver coa operatividade dun porto, dende antes da chegada dun buque, ata a descarga e transporte da mercadoría recibida.

Anxo do Real destacou o labor desenvolvido por todas as persoas que, "directamente ou indirectamente traballaron e traballan para facer o Porto de Ferrol máis grande, máis competitivo e máis rendible para toda a sociedade".

A exposición pódese visitar de martes a domingo, dende hoxe ata o próximo día 14 de xaneiro (salvo o 25 de decembro e o 1 de xaneiro), entre as 17:30h e as 20:30h.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao