.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A Autoridade Portuaria adxudica concesións para apoio a diferentes servizos e actividades portuarias
[14/12/2010] Autoridade Portuaria


ESTÁN RELACIONADAS COA LONXA E OS SERVIZOS DE AMARRE E BÁSCULA

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao adxudicou nos pasados días diferentes concesións relacionadas coa operatividade dos seus servizos.

Por unha parte, coa concesión para o apoio da actividade da empresa "Amarradores del Puerto e Ría de Ferrol S.L", a compañía ferrolana terá, a partir de agora, o seu propio espazo e instalacións no Porto Interior, onde se habilitará, ademais das zonas propias da súa actividade, unha área para taller e zona de vestiarios.

Ademais, adxudicouse o concurso de concesión da lonxa de Curuxeiras á Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, licitación pública convocada o pasado mes de xullo. Con esta concesión á Confraría dáse un paso máis na mellora do funcionamento e a profesionalización da lonxa ferrolana, coa total implicación dos pescadores e mariscadores.

Por outro lado, a empresa "Pérez Torres Marítima" explotará unha báscula para a pesaxe de vehículos e mercadorías no Porto Interior de Ferrol. A adxudicación, froito dun concurso convocado a tal efecto, foi aprobada polo Consello de Administración e consiste na xestión dunha báscula electrónica de 60 toneladas.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao