.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Colexio "Jesús Maestro" visitou o Porto de Ferrol
[15/12/2010] Autoridade Portuaria

35 ESTUDANTES PERCORRERON AS INSTALACIÓNS PORTUARIAS
O PORTO INTERIOR E O EDIFICIO DO CENTRO DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS (CCS) FORON DÚAS DAS PARADAS REALIZADAS POLOS NENOS E NENAS QUE TAMÉN VISITARON A RADA EXTERIOR

O Porto de Ferrol, dentro da súa estratexia de abrir as portas da dársena aos máis novos, recibiu esta tarde unha nova visita escolar ás súas instalacións. Trinta e cinco nenos e nenas, estudantes de 4º e 5ª de primaria do Colexio "Jesús Maestro", gozaron dunha clase ao aire libre en plena dársena ferrolana.

Os mozos realizaron unha visita guiada polos peiraos do Porto Interior de Ferrol onde responsables da dársena explicaron como se traballa e que tipo de actividades se desenvolven nun porto como o ferrolano. Ademais tiveron a oportunidade de visitar o Centro de Coordinación de Servizos (CCS) onde se lles explicou como se coordinan todas as accións para o control integral da seguridade e operacións nos peiraos ferrolanos.

Posteriormente visitaron o Porto Exterior realizando unha primeira parada no novo Control de Accesos onde a Policía Portuaria explicou o funcionamento dos equipos e como se controla o acceso terrestre ao porto.

Con iniciativas como esta o Porto de Ferrol estreita as relacións coa cidadanía, sobre todo cos máis novos neste ano do Centenario, achegándoos á realidade portuaria da súa cidade, ao seu ámbito natural máis próximo e participando activamente na súa formación.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao