Ferrol acolle mañá o quinto Torneo de Fútbol Sala de Portos Galegos
[10/12/2010] Autoridade Portuaria
|
A CELEBRACIÓN DESTE CERTAME ENMÁRCASE DENTRO DOS ACTOS DO CENTENARIO DO PORTO DE FERROL
AS CINCO AUTORIDADES PORTUARIAS E O EQUIPO DE PORTOS DE GALICIA DISPUTARANSE O TROFEO DE CAMPIÓN GALEGO
|
|
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle este sábado a celebración do "V Torneo de Fútbol Sala de Portos Galegos" que cada ano reúne os conxuntos das cinco Autoridades Portuarias da comunidade e ao equipo de Portos de Galicia. O Campionato levarase a cabo durante a xornada do sábado entre as 9 e as 14 h no Pavillón de Santa Cecilia (Narón). Os seis equipos participantes, ao redor dun centenar de persoas, despedirán a xornada homenaxeando o gañador nun acto de entrega de trofeos ao acudirán presidentes e representantes dos portos galegos.
Os partidos están abertos ao público e todos os interesados poden achegase a gozar deles.
Deporte e Centenario A celebración do campionato enmárcase dentro do programa de actos do Centenario do Porto de Ferrol no que o deporte foi unha das actividades estrela. Esta celebración únese á do Campionato Nacional "Interportos" de fútbol sala, desenvolvido en maio, ou ás regatas de Spinnaker, celebradas no mes de agosto.
|
|