.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A Autoridade Portuaria impulsa Ferrol e as súas bisbarras como destino para cruceristas na feira Seatrade
[03/12/2010] Autoridade Portuaria

AS PERSPECTIVAS DE CRECEMENTO DA DÁRSENA NESTE SECTOR SON POSITIVAS DE CARA AOS PRÓXIMOS ANOS

O EVENTO, LEVADO A CABO EN CANNES, É O ENCONTRO ANUAL MÁIS IMPORTANTE DO SECTOR EN EUROPA

 

O Porto de Ferrol participou esta semana na feira Seatrade, celebrada en Cannes (Francia), onde se deron cita as navieiras, operadores e terminais máis relevantes do panorama crucerístico europeo.

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao está inmersa nunha estratexia de relanzamento da dársena ferrolana como escala de cruceiros. Durante estes días en Cannes, a cita europea do sector máis importante de Europa, fixo importantes contactos e mantido reunións con potenciais clientes para Ferrol.

Neste sentido, as perspectivas da dársena son optimistas de cara aos próximos anos, nos que se espera estabilizar Ferrol como destino e incrementar o número de escalas efectuadas no porto. Para os representantes da Autoridade Portuaria, a importancia de gañar terreo neste campo céntrase fundamentalmente, na gran repercusión económica e turística que exerce na zona, co obxectivo de contribuír á dinamización do sector.

Durante este exercicio visitaron Ferrol dous cruceiros e para o próximo exercicio pecháronse xa tres escalas, aínda que non se descarta que poida xurdir algunha máis.

Esta actuación enmárcase dentro da colaboración co IGAPE sobre a base do convenio subscrito no marco do Plan Ferrol.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao