.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Porto adxudica a obra de acondicionamento da estrada de acceso ao Cabo Prioriño
[01/12/2010] Autoridade Portuaria

. A AUTORIDADE PORTUARIA CUMPRE ASÍ O SEU COMPROMISO DE ADAPTAR O VIAL ÁS SÚAS NOVAS NECESIDADES E USOS

. A MEDIDA APROBOUSE NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN CELEBRADO ESTA MAÑÁ NO QUE TOMARON POSESIÓN TRECE NOVOS CONSELLEIROS

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprobou esta mañá en consello de administración a adxudicación das obras do "Acondicionamento da estrada de acceso a Cabo Prioriño".

A actuación consiste no acondicionamento dun tramo do vial de 3.315 metros de lonxitude, titularidade da APFSC, que vai dende a zona coñecida como "O Confurco" ata Cabo Prioriño, polo que se accede ás instalacións da Autoridade Portuaria na zona, así como ás doutras administracións (EDAR de Prioriño e Estación de Radar de Sasemar) e o núcleo do Pieiro.

O proxecto, cuxo presuposto ascende a 1.083.792 euros, formula varios aspectos de relevancia: a mellora da rede de drenaxe e desaugadoiro do vial existente, a dotación de máis anchura á estrada naqueles puntos que o permite e a renovación do firme.

Ademais, a mesma obra inclúe a mellora das condicións de seguridade da rada exterior grazas á instalación dun novo peche de 2,60 metros de altura, que abranguerá toda a lonxitude do perímetro do porto en contacto co vial de Prioriño. O prazo de execución previsto é de catro meses dende o inicio da obra que se espera que sexa o próximo mes. O proxecto será desenvolvido pola UTE formada por "Atlántica Construción e Medio" e F. Gómez e C.ía

A APFSC cumpre así o seu compromiso adquirido ao inicio das obras do Porto Exterior de adecuar este vial que se viu afectado polo volume de tráfico pesado e que foi reparado de xeito provisional durante os últimos anos. Con esta medida adaptarase definitivamente ás súas novas necesidades e usos, agora que o acceso terrestre por estrada ao Porto Exterior xa é unha realidade e ademais, esta mellora facilitará as visitas ao Centro Interpretativo de Cabo Prioriño. Para esta actuación a Autoridade Portuaria conta con financiamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Plan Reindus.

 

En representación da Administración Xeral do Estado:
Manuel Gómez Martín
Santiago Bolíbar Piñeiro
Adela Álvarez Caramés

En representación da Comunidade Autónoma:
Pablo Ramón Fernández Asensio
Diego Calvo Pouso
Raquel Arias Rodríguez
Rocio Mosquera Álvares

En representación dos Municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do Porto:
Francisco Javier Galán Pérez
Alfonso Villares Bermúdez

En representación da Cámara de Comercio Industria e Navegación:
Juan Gato Díaz

En representación das organizacións empresariais:
Francisco Santiañez Orero

En representación das organizacións sindicais:
Xullo Abelleira Souto

En representación do sector pesqueiro no ámbito de actuación da Autoridade Portuaria:
José Luis Estévez Barros

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao