.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto participa nun almorzo de traballo dos Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal
[25/11/2010] Autoridade Portuaria


O OBXECTIVO É ACHEGAR A REALIDADE PORTUARIA AOS NOVOS EMPRENDEDORES ASÍ COMO TRASLADAR UNHA VISIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DO SECTOR

O Porto de Ferrol participou hoxe nun almorzo de traballo organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal.

O obxectivo deste encontro, dirixido polo presidente da Asociación Cristobal Dobarro Gómez, é mellorar o coñecemento que teñen os novos empresarios sobre as empresas e sectores produtivos galegos, neste caso o portuario. Ademais é un intento por achegar a realidade actual das bisbarras, así como proporcionar unha visión sobre as estratexias e vantaxes competitivas que as empresas e institucións están a desenvolver co fin de que poidan servir como exemplo de xestión para os membros de da asociación.

Por parte da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Julio Hernández, responsable do Departamento Comercial e de Desenvolvemento, explicou a realidade da rada ferrolana, o seu presente como un dos principais motores económicos de Ferrol e Galicia e as expectativas de futuro que contempla, en especial, coa posta en marcha do Porto Exterior.

Francisco Santiañez Orero, Conselleiro da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, encargouse de mostrar o punto de vista da empresa privada nas actividades portuarias e de todo o que rodea ao sector.

Posteriormente abriuse un interesante coloquio no que interviñeron as empresas participantes de AJE Ferrolterra e no que se analizaron posibles vías de colaboración.

O evento considérase dende a Autoridade Portuaria como moi proveitoso e enmárcase dentro da súa estratexia de achegar as actividades do porto á sociedade e ao tecido empresarial.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao