.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A Autoridade Portuaria mellora a accesibilidade do Centro Interpretativo de Cabo Prioriño
[24/11/2010] Autoridade Portuaria

CON ESTA ACTUACIÓN PRETÉNDESE FACILITAR AS VISITAS DE CIDADÁNS E TURISTAS


ESTE PROXECTO AUMENTA ADEMAIS A ÁREA DA ACTUACIÓN DE POSTA EN VALOR DOS RESTOS APARECIDOS NO ÁMBITO DA BATERÍA DE CABO PRIORIÑO

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao está a levar a cabo o proxecto de acondicionamento da zona de aparcadoiro do Centro Interpretativo de Cabo Prioriño, co fin de mellorar as condicións de acceso á área e permitir a posta en valor dos restos aparecidos entorno á Batería.

Concretamente, dentro destes labores de mellora, estase executando unha glorieta de maneira que se poida retranquear o vial de acceso aumentando a separación deste con respecto aos restos arqueolóxicos.

En relación aos labores que teñen que ver cos restos da Batería de Cabo Prioriño Chico, que está a ser rehabilitada, decidiuse ampliar o raio de acción co obxecto de descubrir máis restos das estruturas que conformaban os cuarteis, o que supuxo a conseguinte ampliación de prazo. Neste sentido, estase a definir un novo bordo do recinto e escava unha zona que mellora o entendemento da estrutura e a posta en valor desta.

Esta actuación está a ser executada por Construcións Guerreiro-Somozas e conta con fondos do plan de Reindustrialización do Ministerio de Industria (Plan Ferrol) e, segundo as previsións, podería estar rematada de cara co fin de ano.

Desta forma a Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao completará a área do Centro Interpretativo composto polo edificio que alberga unha exposición permanente sobre as baterías defensivas e a construción do Porto Exterior, a reconstruída Batería de Viñas, o Faro e a Batería de Prioriño Chico e un observatorio ornitolóxico. A mellora da accesibilidade facilitará a posta en valor do complexo para atraer visitas turísticas a Ferrol e as súas bisbarras.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao