A Autoridade Portuaria continúa colaborando coas pequenas e medianas empresas co pagamento de facturas a 30 días
[23/11/2010] Autoridade Portuaria
|
CON ESTA MEDIDA, O PORTO AVANZA O PAGAMENTO A PROVEDORES POR ADQUISICIÓNS INFERIORES A 20.000 EUROS
NO QUE VAI DE AÑO ADIANTÁRONSE MÁIS DE 2.275.000 EUROS
|
|
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao continúa coa medida, adoptada o pasado ano, de adiantar o pagamento de facturas co fin de axilizar os pagamentos a provedores por importes inferiores a 20.000 euros.
O Porto adoptou esta medida para contribuír a activar e sanear as contas de pequenas empresas que, debido á situación de crise, se encontran con falta de liquidez ou con problemas para poder continuar coa súa actividade.
Segundo o rexistro do Porto, nos dez primeiros meses de 2010 aboáronse preto de 1.500 facturas a provedores, alcanzando a cifra de 2.275.000 euros. A maior parte destes pagamentos corresponden a empresas de Ferrol e as súas bisbarras.
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao pretende manter activa esta medida de cara ao próximo ano co fin de beneficiar ao máximo a pequenos e medianos provedores.
|
|