.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A comunidade portuaria analiza como a nova lei de portos afecta á prestación de servizos Marpol na rada ferrolana
[16/11/2010] Autoridade Portuaria


. DURANTE A REUNIÓN DESENVOLVEUSE UN ESTUDO PREVIO DOS NOVOS PREGOS DE PRESCRICIÓNS PARTICULARES PARA OS SERVIZOS DE RECOLLIDA DESTE TIPO DE RESIDUOS

. A NOVA LEI, MÁIS RESPECTUOSA CO MEDIO, ESTIMULA A RECOLLIDA NO PORTO DE RESIDUOS DE BUQUES

A Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao foi esta mañá centro dunha reunión na que se debateron diversos asuntos de relevancia entorno á nova lei de Puertos e a como esta afecta aos servizos de recollida de desfeitos Marpol de buques.

O director do porto ferrolano, Emilio García, e técnicos da dársena, mantiveron un encontro con asociacións de prestadores de servizos de recollida deste tipo de materiais; asociación de usuarios dos devanditos servizos (consignatarios, estibadores, e sector pesqueiro); sindicatos maioritarios; Comité de Servizos Portuarios e Consello de Navegación. Durante a reunión desenvolveuse un estudo previo dos novos Pregos de Prescricións Particulares para os devanditos servizos, redactados pola Autoridade Portuaria, e que posteriormente deberán ser informados por Portos do Estado e aprobados polo Consello de Administración do organismo.

A necesidade dos novos pregos xorde da entrada en vigor, o pasado mes de agosto, da nova lei de portos (lei 33/2010, modificatoria da lei 48/2003) que introduce importantes modificacións ao réxime de prestación destes servizos, principalmente enfocados a que os buques depositen en terra os seus residuos e, polo tanto, non os vertan ao mar. Este estímulo xa estase a percibir nos últimos meses, en que aumentaron as descargas de residuos a xestor en terra.

 

 

 

 

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao