.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A próxima semana finaliza o prazo de recepción de ofertas para a pavimentación do Porto Exterior
[15/11/2010] Autoridade Portuaria


SUESTE TRATA DUNHA SUPERFICIE DE 10.000 METROS CADRADOS CONCESIONABLES SITUADOS NA PRIMEIRA FASE DA RADA

A semana próxima finaliza o prazo de recepción de ofertas do concurso aberto para a pavimentación da superficie concesionable da primeira fase do Porto Exterior na súa fase A..

Nesta ocasión, a pavimentación corresponde a unha superficie de 10.000 metros cadrados e a actuación enmárcase dentro do plan de investimentos vixente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Dende o Porto espérase contratar a obra antes de fin de 2010 e segundo a previsión, podería estar concluída durante o primeiro semestre de 2011.

O presuposto de licitación deste proxecto, cofinanciado con Fondos de Cohesión da Unión Europea, é de 708.956. -€ (sen IVE) e nel inclúese tamén a execución de parte da rede de pluviais.

O fin da Autoridade Portuaria é ir completando superficies da rada exterior en coherencia xeométrica coa superficie xa pavimentada.

Este área dedicarase a almacenamento de mercadorías con posibilidade de que nun futuro poida ser concesionable. Segundo a previsión da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, o Porto Exterior inaugurarase en datas próximas, a falta dalgunhas pavimentacións e pequenas actuacións.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao