.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto de Ferrol recibe a visita de máis dunha trintena de participantes do congreso ENCIGA
[12/11/2010] Autoridade Portuaria

A AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL -SAN CIBRAO ORGANIZOU UNHA VISITA POLA RÍA CON PARADAS PARA COÑECER DE PRETO A RADA EXTERIOR E INTERIOR

A ASOCIACIÓN COMPOSTA POR PROFESORES DE CIENCIAS DE GALICIA, CON MÁIS DE 650 PROFESORES, CELEBRA ESTES DÍAS O SEU VIXÉSIMO TERCEIRO CONGRESO ANUAL


 

A Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao recibiu esta mañá a visita dun grupo de integrantes do XXIII Congreso ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia), que se está a levar a cabo estes días nos IES "ÁS Tellerías" e "Terra Trasacos" de Narón (Ferrol).

Máis dunha trintena de profesores embarcaron en Curuxeiras a primeira hora da mañá para levar a cabo un percorrido polas inmediacións da ría, dende a rada interior ata a exterior. Unha vez en Caneliñas, os participantes da visita tomaron terra para coñecer de preto a magnitude da infraestrutura e as empresas que operan nela. Xa de regreso, puideron admirar dende o mar a paisaxe entre castelos, as instalacións de Mugardos, o Arsenal e os estaleiros, así como apreciar a importancia estratéxica do porto de Ferrol e o impacto económico e social da súa actividade en Ferrol e as bisbarras próximas.

Os integrantes desta asociación, da que forman parte máis de 650 profesores de ciencias de Galicia, teñen como fin, con este tipo de actividades, mellorar a calidade do ensino non universitario.

O Porto colaborou con ENCIGA nunha actuación enmarcada dentro da estratexia de achegar as súas instalacións e actividades á sociedade, de xeito especial a estudantes e sector educativo, sobre todo nun ano de especial relevancia para Ferrol, no que a Autoridade Portuaria celebra o seu Centenario

 

 

 

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao