.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto de Ferrol presenta as obras do grupo ferrolano 8B
[11/11/2010] Autoridade Portuaria

. A MOSTRA RECOLLE LENZOS E ESCULTURAS DE OITO ARTISTAS GALEGOS QUE FIXERON DA LIBERACIÓN CREATIVA DA OBRA DE PICASSO, A SÚA PROPIA MOTIVACIÓN


. AS OBRAS PODERANSE CONTEMPLAR NA SALA DE EXPOSICIÓNS DE CURUXEIRAS DENDE MAÑÁ MÉRCORES ATA O PRÓXIMO 21 DE NOVEMBRO

A Sala de Exposicións do Porto de Ferrol abre as súas portas novamente, dentro do programa do Centenario, para mostrar ao público unha brillante mostra das obras do grupo de artistas ferrolano 8B.

Baixo o título "Plástica plural creativa", a colección recolle ao redor de corenta pezas -lenzos e esculturas- de técnicas e temáticas diversas con tendencias que van dende o impresionismo ata o por art, aínda que unidas por unha mesma motivación creativa: o rupturismo e a liberación da obra do Mestre Picasso.

A exposición foi presentada esta tarde polo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Ángel del Real, que mostrou a súa satisfacción ante a calidade das obras, así como o seu agradecemento aos autores. Tamén se contou coa presenza dos artistas e integrantes do grupo 8B: Eduardo Hermida, Juan J. Cebral, Ana Ferreira, Manuela Castro, Antonieta, Pepe Gascón, Avelino Castro e Branca López.

Os autores, polifacéticos e con gran personalidade creativa, pretenden. facer vixente o concepto picasiano en tempos de apatía e desespero". A frase "nesta época de pobreza moral, o fundamental é espertar o entusiasmo", resume a súa formulación artística.

A mostra, enmarcada dentro dos actos do Centenario que teñen como fin servir de punto de encontro de arte e cidadanía, poderase visitar dende o mércores 10 ata o 21 de novembro, de 18 h a 20:30h, e de 12 h a 14 h e 18 h a 20:30h, durante os fins de semana.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao