.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto destaca en Madrid as vantaxes que ofrece Ferrol para o asentamento empresarial
[25/10/2010] Autoridade Portuaria

. A AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO PARTICIPOU NUN ENCONTRO PROFESIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE USUARIOS DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS E ASIMILADOS (AEUTRANSMER)


· NESTE FORO DANSE CITA AS EMPRESAS USUARIAS DE TRANSPORTE MÁIS RELEVANTES DO PANORAMA NACIONAL

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao participou en Madrid nunhas xornadas organizadas pola Asociación Española de Usuarios de Transporte de Mercadorías e Asimilados (AEUTRANSMER).


O responsable do Departamento Comercial e de Desenvolvemento, destacou durante a súa intervención, como os portos son un nodo clave na intermodalidade en cooperación co transporte terrestre. Ademais, resaltou a gran relevancia das radas españolas nas operacións empresariais dirixidas á importación e exportación intraeuropea ou intercontinental.


Ademais, o representante da dársena ferrolana destacou como as áreas próximas aos portos poden converterse no lugar idóneo para o asentamento de industrias loxísticas ou produtivas, resaltando e explicando as importantes vantaxes que ofrece Ferrol e a súa infraestrutura portuaria, grazas ao apoio do IGAPE dentro da estratexia de Plan Ferrol. Alejandro Langtry, director do Plan Ferrol, Eume e Ortegal do IGAPE, participou no evento e departiu cos empresarios asistentes.


A asociación AEUTRANSMER é un importante punto de encontro de profesionais da loxística e o transporte e nel danse cita as empresas usuarias de transporte de mercadorías máis destacadas do panorama nacional. Ademais, as súas Xornadas Técnicas gozan de grande interese e acollida por parte do sector.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao