O Porto presentou ante os veciños de Caranza o proxecto náutico da enseada
[19/10/2010] Autoridade Portuaria
|
O expediente de licitación xa está en marcha e a obra podería empezar en novembro
Presidente e técnicos da Autoridade Portuaria mostraron as características da primeira fase da obra que dotará a caranza de 134 prazas de amarre
|
|
O expediente de licitación xa está en marcha e a obra podería empezar en novembro
Presidente e técnicos da Autoridade Portuaria mostraron as características da primeira fase da obra que dotará a caranza de 134 prazas de amarre
O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol -San Cibrao, Anxo do Real, e técnicos da dársena, presentaron esta tarde ante a Asociación de Veciños de Caranza, o proxecto para a instalación de peiraos de embarcacións náutico/recreativas na enseada de Caranza.
Esta obra, que podería licitarse a próxima semana, considera a creación de 134 prazas de amarre, na súa primeira fase, que se verán incrementadas ata máis de 300 en fases posteriores.
O proxecto, exposto dende hoxe no Centro Cívico de Caranza, considera o acondicionamento da zona do espigón na que se situarán as obras e a colocación dun peirao nai de 72 metros de longo por 2,5 metros de ancho. Del, sairán catro peiraos perpendiculares de 50 x 2 m con capacidade para albergar un total de 134 embarcacións de 6 a 8 metros de eslora. Ademais, instalarase unha porta no control de accesos.
O presuposto da obra, cuxo expediente de licitación xa está en marcha, alcanza os 386.102. -€, e o prazo de execución desta é de oito semanas. Segundo as previsións que manexa a Autoridade Portuaria, o proxecto podería estar adxudicado a primeiros de novembro, co que as instalacións estarán rematadas no primeiro trimestre de 2011.
|
|