.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O cruceiro Saga Pearl II trae a Ferrol máis de 700 persoas
[24/09/2010] Autoridade Portuaria

É A PRIMEIRA VEZ QUE O BUQUE FAI ESCALA NA CIDADE

 


POLA MAÑÁ LEVOUSE A CABO UNHA RECEPCIÓN A BORDO ONDE O CAPITÁN DO BUQUE E O PRESIDENTE DO PORTO INTERCAMBIARON OBSEQUIOS

OS CRUCERISTAS GOZARON DA CIDADE E O SEU ÁMBITO DURANTE TODA A XORNADA

 

Ferrol acolleu durante o día de hoxe a escala dun novo cruceiro, o buque Saga Pearl II, con máis de setecentas persoas a bordo entre pasaxeiros e tripulación.

Os turistas, na súa maioría de nacionalidade británica, chegaron a Ferrol a mediodía neste buque abandeirado en Bahamas e con 164 metros de eslora, consignado pola empresa Rubine e Hijos. O cruceiro, que visita Ferrol por primeira vez, escalou na cidade durante toda a xornada, ofrecendo a oportunidade aos cruceristas, de coñecer Ferrol e o seu ámbito, e gozar da gastronomía e o comercio da zona. No peirao, un equipo da Autoridade Portuaria, encargouse de asesorar e entregar material promocional da cidade e guías aos turistas.

Como é habitual cando un cruceiro visita por primeira vez un porto, levouse a cabo unha recepción a bordo, á que asistiu o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao Angel del Real, xunto aos responsables da consignataria, Rubine e Fillos. O capitán do Saga Pearl II, David Wardem-Owen, mostroulles o interior do buque e houbo intercambio de obsequios.

Tras gozar do día, arredor das 18:30h., o cruceiro, procedente do porto inglés de Dover, partiu dende a dársena ferrolana cara á súa próxima escala, Xibraltar. Durante a despedida, un grupo de gaitas actuou para os cruceristas e ao seu paso entre castelos foi homenaxeado con salvas de soldados dieciochescos dende o Castelo de San Felipe, acción desenvolvida en colaboración coa Asociación "Batalla de Brión" que resalta o paquete turístico-histórico que ofrece Ferrol entre os seus atractivos únicos.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao