.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

O Porto colabora coa Asociación San Martiño nunha xornada de mergullo ambiental en Curuxeiras
[23/09/2010] Autoridade Portuaria

LA INICIATIVA SE LLEVARÁ A CABO ESTE SÁBADO, DÍA 25

 


A AGRUPACIÓN DE MERGULLO AMBIENTAL É A ORGANIZADORA DA ACTIVIDADE QUE ADMITE A COLABORACIÓN DE VOLUNTARIOS

A Asociación de Mergullo Ambiental San Martiño, levará a cabo este sábado, en colaboración coa Autoridade Portuaria ferrolana, a II Xornada de Recuperación do Fondo Mariño de Curuxeiras. Para o desenvolvemento desta iniciativa, destinada á limpeza da ría ferrolana, admítese a colaboración de voluntarios.

Para o desenvolvemento destes labores, que comezarán ás 11 h, utilizarase a embarcación "María Mercedes
", un pesqueiro de baixura de máis de 40 anos que foi rehabilitado e recuperado pola propia asociación.

Aquelas persoas que de xeito voluntario estean interesadas en colaborar con este proxecto ambiental, deberán presentarse para a inscrición ás 11 h no peirao de Curuxeiras
, en zona da antiga Frigorífica. Estímase que as tarefas de limpeza rematen arredor das 13 horas.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao