.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Ferrol mostrou na India o potencial do seu porto e as vantaxes da súa zona industrial
[21/09/2010] Autoridade Portuaria

A AUTORIDADE PORTUARIA PARTICIPOU NA "SOUTHERN ASIA, PORTS, LOGISTICS AND SHIPPING" CO APOIO DA OFICINA DO PLAN FERROL DO IGAPE


DURANTE ESTES DÍAS ESTABLECÉRONSE CONTACTOS CON NAVIEIRAS, EMPRESAS PORTUARIAS E GRUPOS INDUSTRIAIS DUN MERCADO CON ENORME POTENCIAL PARA O TRÁFICO MARÍTIMO E PARA A CAPTACIÓN DE INVESTIMENTOS

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en coordinación co IGAPE a través da oficina do Plan Ferrol, continúa coa súa axenda de promoción internacional para impulsar os seus servizos e infraestrutura. Esta semana o seu obxectivo centrouse en Asia, concretamente na India, onde participou na Southerm Asia, Ports, Logistics and Shipping, que este ano se levou a cabo en Mumbai, durante os días 16 e 17 de setembro.

O porto ferrolano aproveitou a súa estanza no país asiático para levar a cabo, antes da feira e durante esta, diversas reunións con navieiras, operadores e grupos industriais con interese nas dársenas ferrolanas así como aquelas empresas que poidan formularse investir en Ferrol e as súas bisbarras, co obxectivo de atraer actividade e emprego á zona. Para iso, como é habitual, contou coa colaboración da oficina do Plan Ferrol do IGAPE.

Durante os dous días da feira, os profesionais do sector a nivel internacional discutiron sobre as oportunidades e os desafíos aos que se enfronta o transporte marítimo. En concreto, a Autoridade Portuaria ferrolana, impartiu unha conferencia na que presentou as vantaxes da dársena, en especial o Porto Exterior, como porto hub da fachada atlántica europea. Tamén se centrou o discurso nas vantaxes que ofrece Ferrol para potenciais investidores da India.

O balance do organismo sobre a participación nesta feira e as reunións mantidas cos sectores loxístico e industrial, é positivo debido ao importante potencial de crecemento dalgunhas zonas de Asia e a posible captación de investimentos e tráficos para a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Todo iso enmárcase no convenio de colaboración establecido co IGAPE dentro da estratexia do Plan Ferrol e contouse coa colaboración da oficina comercial española en Mumbai. Todo ello se enmarca en el convenio de colaboración establecido con el IGAPE dentro de la estrategia del Plan Ferrol y se contó con la colaboración de la oficina comercial española en Mumbai.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao