.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

A comunidade portuaria de Ferrol - San Cibrao reuniuse para tratar a nova Lei de Portos
[21/09/2010] Autoridade Portuaria

A NORMA AFECTA, DE XEITO DIVERSO, ÁS TAXAS E AO REXEMEN DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS PORTUARIOS


O PORTO CITOU AS EMPRESAS CONSIGNATARIAS E ESTIBADORAS, E OS MEMBROS DO CONSELLO DE NAVEGACIÓN PARA INFORMALOS DOS CAMBIOS DA NOVA NORMATIVA


A Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao mantivo o venres unha reunión coa comunidade portuaria -empresas consignatarias e estibadoras do Porto de Ferrol, e membros do Consello de Navegación e Porto- na que se lles informou das principais variacións impostas pola nova Lei de Portos.

As novas modificacións da Lei 33/2010, de 5 de agosto, de modificación da lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos nos portos de interese xeral" afectan de xeito moi diverso ás taxas portuarias a aboar polos concesionarios, buques e cargadores de mercadorías na Autoridade Portuaria, e tamén repercuten no réxime de prestación de servizos portuarios.

Na reunión informativa, tras as explicacións de responsables da Autoridade Portuaria, debatéronse diversas cuestións formuladas polos usuarios da infraestrutura ferrolana.

En todo caso, a maior parte da nova lei non entrará en vigor ata o inicio de 2011, polo que nos próximos meses a Autoridade Portuaria ten previsto tratar e determinar co resto da comunidade, os novos parámetros así como os pormenores da súa aplicación.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao