O Porto de Ferrol desenvolve unha misión comercial en India
[13/09/2010] Autoridade Portuaria
|
A AUTORIDADE PORTUARIA PARTICIPA ESTA SEMANA NA FEIRA E CONFERENCIA "SOUTHERM ASIA, PORTS, LOGISTICS AND SHIPPING"
DURANTE ESTES DÍAS MANTERANSE REUNIÓNS CON NAVIEIRAS, EMPRESAS PORTUARIAS E GRUPOS INDUSTRIAIS DUN MERCADO DE GRAN RELEVANCIA E POTENCIAL PARA O TRÁFICO MARÍTIMO E A ECONOMÍA MUNDIAL
|
|
O Porto de Ferrol está dende hoxe en Mumbai (India) desenvolvendo, en estreita colaboración coa oficina do Plan Ferrol do IGAPE, unha axenda de reunións previa á súa participación na Southerm Asia, Ports, Logistics and Shipping. O encontro, de gran relevancia no sector loxístico internacional, lévase este ano na cidade india o 16 e 17 de setembro.
Na feira toman parte navieiras, institucións, operadores e diversas compañías que xiran en torno ao mundo da loxística internacional. Durante esta, os profesionais de sector debaterán sobre as problemáticas, oportunidades e desafíos aos que se enfronta o transporte marítimo.
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao impartirá ademais unha conferencia na que presentará as calidades da dársena ferrolana, destacando o Porto Exterior de Prioriño como infraestrutura estratéxica do arco atlántico europeo, e as vantaxes que ofrece Ferrol para potenciais investidores indios.
O Porto estreitará relacións con operadores e navieiras do transporte marítimo do continente asiático. Ademais, contactarase con empresas que poidan formularse investir en Ferrol e as súas bisbarras, co obxectivo de atraer actividade e emprego. Todo iso enmárcase no convenio de colaboración establecido co IGAPE dentro da estratexia do Plan Ferrol. Contouse coa colaboración da oficina comercial española en Mumbai.
|
|