.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Entra en servizo o novo peirao da Gándara
[31/08/2010] Autoridade Portuaria

 

O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao visitou hoxe o proxecto finalizado


A obra levada a cabo polo porto ferrolano enmárcase dentro da súa estratexia de apoio á actividade náutica

O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao, Ángel del Real, visitou esta mañá, acompañado de técnicos do seu equipo, o novo peirao da Gándara tras a obra levada a cabo pola entidade para adaptar a estrutura á utilización das embarcacións do Club de Remo de Narón.

O proxecto consistiu na colocación, no extremo do actual peirao, dun módulo transversal de 6 metros de longo e 2 metros de ancho, cun chanzo para as embarcacións de remo dun metro de ancho e unha altura dende auga de 15 centímetros, co que se facilita a entrada á auga dos deportistas.

O proxecto levouse a cabo en dúas fases: unha primeira en taller (para a fabricación dos elementos) e unha segunda, moito máis breve e que acaba de concluír, para a colocación da estrutura.

Con este tipo de iniciativas a Autoridade Portuaria
ferrolana pretende apoiar e impulsar as actividades náuticas e deportivas, como dinamizadoras á súa vez do sector turístico. Ademais desta acción na Gándara, o Porto ten en marcha outras iniciativas para a mellora da náutica recreativa, como o proxecto de novos amarres en Caranza, que segundo previsións, comezará este mesmo ano para finalizar no ano 2011, e outras actuacións como as previstas na Graña.

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao