O Porto de Ferrol acolleu a presentación da VI Semana Náutica Spinnaker 2010
[06/08/2010] Autoridade Portuaria
|
A inauguración correu a cargo do presidente da Autoridade Portuaria e do alcalde de Ferrol
|
|
O presidente da Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao, Anxo do Real, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, foron os encargados de inaugurar na tarde de onte a VI Semana Náutica Spinnaker 2010 que ata o domingo 8 de agosto se celebra no peirao de Curuxeiras. No acto estiveron acompañados polos organizadores do evento, a Fundación Gadesport, diversas autoridades civís e militares, así como de representantes das empresas patrocinadoras e expositores.
Anxo do Real asegurou que "é unha satisfacción e unha honra para todos os ferrolanos, e en concreto para esta Autoridade Portuaria, acoller esta sexta Semana Náutica, un evento que se converteu nun clásico para os amantes dos deportes de mar e nunha cita de referencia no verán galego.
Pola súa banda, o alcalde da cidade comentou que "é un dos días que me sinto orgulloso de ser alcalde por iniciativas como estas que xuntan o traballo apaixonado dun grupo de persoas, coas institucións e a empresa privada. Iso lévame a crer que se trata dun grande evento".
|
|