O Porto desenvolve unha misión comercial na República Dominicana
[18/06/2010] Autoridade Portuaria
|
. UNHA DELEGACIÓN ENCABEZADA POLO PROPIO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL, ANGEL DEL REAL, ACABA DE REGRESAR DE SANTO DOMINGO . MANTIVÉRONSE REUNIÓNS CON PRODUTORES ALIMENTARIOS, OPERADORES, EMPRESARIOS E GOBERNO DOMINICANO
|
|
O Porto de Ferrol continúa impulsando con forza a súa estratexia para a captación de novos tráficos que repercutan positivamente na economía de Ferrol e as bisbarras do ámbito.
Esta semana, unha delegación da Autoridade Portuaria encabezada polo presidente, Angel del Real, visitou Santo Domingo co fin de manter varias reunións co Goberno dominicano así como con empresas e operadores portuarios que, nun futuro próximo, se poderían traducir en tráficos exportadores para a dársena ferrolana.
No plano institucional mantívose un encontro co vicepresidente da República, Rafael Alburquerque, que xunto co seu equipo de goberno mostrou o seu interese por contar con Ferrol como un aliado nos plans de futuro e desenvolvemento do país dominicano.
Durante estes días, levouse a cabo un importante esforzo mostrando a empresas, entre elas produtores alimentarios, e terminalistas portuarios as principais magnitudes dos peiraos ferrolanos, en especial, as características da rada exterior, deseñada para converterse nun dos portos hub da Europa atlántica e importante captador de tráficos entre Europa e América. A Autoridade Portuaria conta co apoio do IGAPE na súa acción comercial para a captación de novos tráficos e actividades.
|
|