O Porto recibiu a visita do Máster de Administración Marítima e Xestión Portuaria do IUEM
[08/06/2010] Autoridade Portuaria
|
Os alumnos do Instituto Universitario de Estudo Marítimos, da Universidade da Coruña, tiveron a oportunidade de achegarse ao traballo diario dunha infraestrutura como a ferrolana e recibiron explicacións técnicas de responsables da Autoridade Portuaria
|
|
Os 14 estudantes do Máster de Administración Marítima e Xestión Portuaria do Instituto Universitario de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña, visitaron as infraestruturas que compoñen o Porto de Ferrol nunha clase práctica na que os responsables portuarios explicaron o seu funcionamento e principais magnitudes.
A visita ás instalacións, realizada o pasado venres, levoulles tanto ao Porto Interior -con parada no Centro de Coordinación e Servizos (CCS)- como ao Exterior, onde se lles impartiu unha charla na que os mozos se achegaron ao funcionamento dunha infraestrutura como a de Cabo Prioriño e coñeceron os medios técnicos dos que dispón para o desenvolvemento das súas actividades. Ademais, visitaron as instalacións de Endesa onde os estudantes obtiveron unha visión do traballo desta terminal portuaria.
A visita enmárcase dentro da estratexia do Porto de abrir as portas aos estudantes, pero ten unha relevancia especial ao estar enfocada profesionais que moi posiblemente desenvolvan a súa actividade no sector portuario.
Entre os obxectivos do máster está a formación de recén licenciados relacionados con este esta actividade e, en xeral, daqueles profesionais que desexen ampliar coñecementos nunha área tan importante para o desenvolvemento económico de Galicia. Con este tipo de visitas, os alumnos aproxímanse á realidade conseguindo un alto nivel de coñecemento sobre os principios básicos da planificación, organización e dirección empresarial no ámbito portuario.
|
|