Diario de Ferrol outorgou á Autoridade Portuaria o premio a unha traxectoria
[04/06/2010] Autoridade Portuaria
|
É a primeira vez que o medio de comunicación ferrolano entrega este galardón a unha institución
A figura foi recollida polo presidente, Ángel del Real, que recalcou que o recoñecemento se estende a todos os ferrolanos
|
|
O Diario de Ferrol, un dos medios de referencia na cidade, entregou onte os seus premios anuais outorgando o Premio a unha traxectoria, á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao no ano do seu Centenario.
Nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, o director do diario, Germán Castro, fixo referencia ao papel esencial da institución portuaria no desenvolvemento económico e a diversificación industrial da bisbarra.
O presidente da Autoridade Portuaria, Anxo do Real, recolleu a figura e agradeceu o apoio do diario ademais de dedicar o premio a todos os ferrolanos, xa que "o Porto non se entende sen a calor e o esforzo de todos os cidadáns".
|
|