O Porto de Ferrol presenta o seu potencial e o das súas bisbarras en China
[26/05/2010] Autoridade Portuaria
|
. A AUTORIDADE PORTUARIA, COA COLABORACIÓN DO IGAPE, MANTÉN ESTES DÍAS REUNIÓNS CON EMPRESAS CHINESAS PARA CAPTAR LIÑAS MARÍTIMAS ADEMAIS DE POSIBLES INVESTIMENTOS . O PASADO VENRES PARTICIPOU NUN SEMINARIO SOBRE LOXÍSTICA E CAPTACION DE INVESTIMENTOS NA SEMANA GALEGA DA EXPO DE SHANGAI
|
|
Shangai é o último destino da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao ata o momento, dentro da súa estratexia de captación de novas liñas e investimentos. Representantes do Porto, Plan Ferrol e da oficina do IGAPE en China estiveron durante estes días en Shanghay e os seus arredores co obxectivo de establecer vínculos coas principais empresas do sector navieiro e portuario así como para captar posibles investimentos en loxística e outras actividades produtivas para Ferrol e as súas bisbarras.
O porto está en China en colaboración co Igape, ao abeiro do convenio que teñen en común, e entre os seus principais obxectivos está intensificar a promoción internacional do Porto Exterior para conseguir novos tráficos e operadores así como o asentamento de novos investimentos na zona.
Dentro desta mesma misión, o responsable do Departamento Comercial e de Desenvolvemento do Porto de Ferrol, Julio Hernández, participou nunha conferencia na semana galega da Expo, na que se falou sobre a loxística e a captación de novos investimentos e se presentaron as principais magnitudes do Porto Exterior e explicouse como vai ser unha peza clave nas relacións comerciais atlánticas, en especial con Latinoamérica. No acto, e no resto da misión, participaron ademais o director do Plan Ferrol, Alejandro Langtry, e José Antonio Rico Adega, director do Centro de Promoción de Negocios que o Igape ten en Shangai.
|
|