Ferrol queda subcampión do Interportos de fútbol sala
[22/05/2010] Autoridade Portuaria
|
O ALMERÍA ALZOUSE CO TRIUNFO POR 1-4 E CONSEGUIU A COPA
. É A PRIMEIRA VEZ QUE OS FERROLANOS CHEGAN A UNHA FINAL DO NACIONAL
|
|
O ALMERÍA ALZOUSE CO TRIUNFO POR 1-4 E CONSEGUIU A COPA Ferrol queda subcampión do Interportos de fútbol sala
. É A PRIMEIRA VEZ QUE OS FERROLANOS CHEGAN A UNHA FINAL DO NACIONAL
O equipo de Ferrol quedou subcampión do Interportos de fútbol sala tras perder ante a Almería na final celebrada hoxe na Malata. Nun partido intenso e cheo de emoción, os almerienses venceron por 1-4 aos ferrolanos e alzáronse así como campións do torneo.
Tras unha primeira parte seca de goles comezou unha segunda en que ambos os dous conxuntos saíron a dalo todo. Adiantábase no marcador o equipo visitante e minutos despois empatábase o encontro cun gol do local Sergio Martínez. Cando parecía que a prórroga estaba preto, os da Almería crecéronse alcanzando, a poucos minutos do final, a portaría ferrolana en tres ocasións e sentenciando o definitivo 1-4.
O equipo do Porto de Ferrol asina este subcampionato como un gran triunfo xa que nunca pasara de cuartos de final neste torneo.
Esta noite levarase a cabo o acto de clausura do campionato e entrega de premios no Pazo Libunca coa presenza de Diego Calvo, delegado da Xunta de Galicia pola provincia da Coruña e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Angel del Real.
Compañeirismo e bo ambiente fóra e dentro da cancha Durante todos estes días Ferrol acolleu ás máis de 600 persoas desprazas de todos os puntos de España coa hospitalidade que caracteriza os ferrolanos e ferrolanas. Ademais do puramente deportivo o compañeirismo e o bo ambiente reinou dentro e fóra da cancha. Nestes sete días houbo tempo para todo. A organización do Campionato preparou un atractivo programa de actividades entre as que destacan os paseos en barco pola ría, a excursión a Santiago de Compostela e a Romaxe Galega que se levou a cabo onte venres.
|
|