.:: Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao ::.

Botón Contratación e Licitacións
Botón Emprego
Usuarios Rexistrados

Autoridade Portuaria

Novas

Ferrol disputa mañá a final do Interportos fronte ao Almería
[21/05/2010] Autoridade Portuaria

 

 

 

 

OS LOCAIS VENCERON HOXE AOS VIGUESES EN SEMIFINAIS POR 6-1


. O CAMPIÓN DECIDIRASE A PARTIR DAS 18:30H NA MALATA


. ÁS 22:00 LEVARASE A CABO A ENTREGA DE PREMIOS E O ACTO DE CLAUSURA NO PAZO LIBUNCA

O anfitrión do Campionato Interportos de Fútbol Sala, o equipo ferrolano, conseguiu chegar á gran final do torneo tras gañar a Vigo por 6-1 e mañá sábado, disputarase a copa ante a Almería.

Durante a xornada de hoxe Ferrol venceu nos cuartos de final a un grande Sevilla por un resultado de 6-4. Tamén durante a mañá e no pavillón da Malata, Vigo conseguía o triunfo ante Las Palmas por 4-3. Mentres, en Esteiro, Cádiz conseguía o partido fronte ao Castelló e Almería impoñíase ante un dos favoritos, o Tenerife.

Xa durante a tarde, Vigo e Ferrol disputaban o primeiro partido das semifinais no que os goles de Sergio Saavedra (3), Alejandro Gómez (2) e Sergio Martínez (1) lograban poñer o marcador a favor dos locais e conseguir o encontro. Unha hora máis tarde, Almería facía o propio fronte ao Cádiz por 8 a 2.


Gran final: mañá 18:30 na Malata
Non lle podía ter saído mellor ao equipo anfitrión que chegou ata a final e mañá xogarase o torneo ante Almería a partir das 18:30 na Malata. Xusto antes do partido, ás 16:30, disputarase un encontro amigable entre as seleccións de Leste-Oeste.

Posteriormente os integrantes do campionato e a organización desprazaranse a Pazo Libunca onde se levará a cabo o acto de clausura e a entrega de premios. Para iso contarán coa presenza de Diego Calvo, delegado da Xunta de Galicia para a provincia da Coruña, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Angel del Real.


Romaxe Galega
Durante a xornada de hoxe tamén se levou a cabo unha Romaxe Galega na que participaron todos os integrantes e acompañantes do torneo e na que gozaron da gastronomía galega e do folclore da comunidade coa actuación dunha banda de gaitas.
  

Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao