O Porto organiza un concurso de debuxo infantil o Día do Centenario
[21/08/2010] Port Authority
|
SERÁ UN DOS ACTOS QUE SE DESENVOLVAN NA XORNADA QUE CONMEMORA OS 100 ANOS DE CREACIÓN DA XUNTA DE OBRAS DO PORTO
|
|
O Porto de Ferrol levará a cabo o próximo día 26 de agosto, dentro dos actos programados no "Día do Centenario", un concurso de debuxo infantil orientado a nenos e nenas de entre tres e doce anos.
Aínda que a xornada que conmemora os 100 anos de creación da Xunta de Obras do Porto estará chea de momentos emotivos e simbólicos, este certame ten un significado especial xa que reflectirá a visión que teñen os máis pequenos tanto do seu porto coma da ría ferrolana.
Os interesados en participar só terán que achegarse á instalación habilitada xunto ao peirao de Curuxeiras o día 26 a partir das 11 da mañá ata as 15 h, e pola tarde de 16 a 20h. O xurado, seleccionará tres debuxos por categoría de idade: de tres a seis, de sete a nove; e de dez a doce anos e o fallo publicarase na web da Autoridade Portuaria www.apfsc.com onde xa se poden consultar as bases.
O premio, un por categoría, consistirá nun vale para a compra de xoguetes por valor de 150 euros.
|
|